
Capela de Santa María da Madalena
Datación: (1611 referencia máis antiga)
Parroquia: Porto
A capela de Santa María da Madalena está desaparecida. No seu lugar atópase actualmente unha construción da década dos anos 60 do pasado século. A data máis antiga da que temos referencia é de 1611 e pertence a unha visita pastoral. Sábese que se trataba dunha ermida de pequenas dimensións.
