{MODAL href="/images/stories/horreos/foto-horreo-reguela.jpg"} Hórreo en Reguela {/MODAL}{MODAL href="/images/stories/horreos/foto-horreo-barreiro.jpg"} Hórreo en Barreiro {/MODAL}

Hórreo de Salto

Parroquia: Eirís

Lugar: Salto

Folla IGN: 22

O hórreo do lugar de Salto de Arriba é un hórreo con celeiro cerrado de pedra, encima hai un tornarratos de cantería e o corpo de balagustros de madeira e columnas de granito, con basa e capitel. O beiril é de madeira e ten tres molduras; encima o tellado a catro augus feito con tella curva.

Hórreo de Pereiro de Arriba

Parroquia: Laraxe

Lugar: Pereiro de Arriba

Folla IGN: 22

O hórreo do lugar de Pereiro de Arriba está sobre un celeiro de pedras de cantería de pizarra, está aberto e caleado. Ten un tornarratos de granito e corpo de granito e madeira, dividido en tres claros. As columnas terminan en capiteis planos que soportan un tellado de pizarra de catro augas. Nos lados curtos hai unha porta de dobre folla horizontal.

Hórreo de Fraián

Parroquia: Porto

Lugar: Pazo de Fraián

Folla IGN: 22

No pazo de Fraián -situado na eira- está o hórreo de cinco cepas de pedra encaladas cos seus correspondentes tornarratos de pizarra; enriba un corpo de madeira con catro claros. A porta sitúase nun dos lados longos. O tellado é a dúas augas de tella plana con ímbrices de tella curva.Os vértices rematan con dous bicos estreitos e levemente saedizos.

Hórreo de Os Xicos

Parroquia: Regüela

Lugar: Os Xicos

Folla IGN: 22

No lugar de Os Xicos ubícase un hórreo feito de cemento e madeira con cuberta de catro augas de particulares características, catro cepas aguantan os dous extremos do corpo e catro pés fano no centro.

Hórreo de Os Bouces

Parroquia: Salto

Lugar: Os Bouces

Folla IGN: 22

O hórrero de Os Bouces está colocado sobre un celeiro aberto fabricado con pizarra; conta cun tornarratos corrido de cantería que aguanta un corpo con columnas de cantería de granito e balagustos de madeira. O corpo é de dúas caras e remata nun tellado de pizarra a catro augas, con ímbrices de tella. Como remates ten uns pequeos cornos lixeiramente curvados.

Horreo de Xavariz

Parroquia: Soaserra

Lugar: Xavariz

Folla IGN: 22

Ubicado no lugar de Xavariz, ten na fachada sur a inscrición "año de 1872" que nos pode dar unha idea da súa datación. Sobre as ménsulas, nos extremos, hai un reloxo de sol no tellado que mira en dirección sur; tamén nesa cara está a porta enmarcada nun arco de medio punto rebaixado á que se ten acceso subindo unha escaleira de cantería.

pdf downloadpdf view