Castro de Piñeiros

Parroquia: San Vicente de Regüela

Lugar: Piñeiros

Sistema de coordenadas: WGS84

Posición: 43º 26’ 48,5” N / 8º 06’ 33” W

Folla IGN: 22

Situado na parroquia de San Vicenzo de Regüela, o castro de Piñeiros está formado por un único recinto con forma oval de 110m. no eixe N.-S. e 100m. no eixe L-W. O arroio de Cerdeiras reforza, de forma natural, as defensas no lado máis occidental. No sector oriental, sen embargo, a estructura defensiva está mellor formada, así ademais da muralla de terra que rodea a totalidade do conxunto, cunha altura de entre un e catro metros -no interior- e de catro a sete metros -no exterior- pode verse un foxo con máis de tres metros de ancho, precedido por un antefoxo de entre medio metro e un metro de altura. A entrada ao poblado, ubicada no lado sudoeste, á unha abertura de cinco metros na muralla.

Castro de Monte de Castro

Parroquia: San Estevon de Irís

Lugar: Cutiño

Sistema de coordenadas: WGS84

Posición: 43º 26’ 5,3” N / 8º 08’ 35,2” W

Folla IGN: 22

Situado na parroquia de San Estevon de Eirís, o castro Monte de Castro, está formando por un recinto cuxas dimensións son de 95m. no eixe N.-S. por 80m. nol eixe L.-W.,e é de forma oval. Rodéaa unha muralla de terra e pedra de un a dous metros de altura no interior e de dous a tres metros no exterior. A defensa do castro fórmana un foxo, de entre catro e seis metros de ancho e un antefoxo que oscila entre medio metro e un metro de altura. Accédese á croa a través dunha abertura na zona NNE duns dous metros de anchura.

Castro das Modias

Parroquia: San Martiño de Porto

Lugar: As Modias

Sistema de coordenadas: WGS84

Posición: 43º 25’ 35,7” N / 8º 08’ 35,2” W

Folla IGN: 22

O castro das Modias está ubicado sobre unha lomba na conca do río Castro,na parroquia de San Martiño de Porto. O río actúa como defensa natural. No lado norte pode verse un terraplén que chega ata o mesmo. Ten un recinto central de 78m. no eixe N.-S. e 95m. no eixe L.-W. con forma oval. Está rodeado por un terraplén rematado nun muro de terra de entre 40cm e 60cm. de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro practicamente desaparece na cara norte, onde o río Castro exerce de defensa natural. Pode verse unha rampla de acceso na zona SSE, interrompendo a defensa. Non está claro que este fora o acceso principal orixinal. A este castro se lle podería asociar a procedencia do Torques de San Martiño de Porto.

pdf download