{MODAL href="/images/stories/cruceiros/foto-cruceiro-salto.jpg"} Molino de Marés {/MODAL}

Cruceiro de Salto

Parroquia: Salto

Lugar: Adro

Posición: 43º 26’ 40.7’’ N / 008º 08’ 22.8’’ W

Folla IGN: 22

O Cruceiro de Santa Cruz de Salto, ubicado cabo da igrexa parroquial, está feito de cemento e está formado por una plataforma cadrada sobre a que se alza un pedestal cúbico. O fuste -de forma octogonal- faise cadrado nos extremos. O capitel está formado por dous ábacos e un equino, sostendo unha cruz latina sen figuración.

{MODAL href="/images/stories/cruceiros/foto-cruceiro-sanandres.jpg"} Molino de Marés {/MODAL}

Cruceiro de San Andrés

Estilo: Crucifijo de estilo barroquizante

Parroquia: Cabanas

Lugar: Adro

Posición: 43º 25’ 06.6’’ N / 008º 09’ 40.8’’ W

Folla IGN: 22

Situado no adro da igrexa parroquial. A plataforma consta de un chanzo cadrado de granito. Descansa sobre el un pedestal de forma lixeiramente troncocónico. Varal de forma octogonal, cadrado nos extremos. Sobre o capitel, tamén troncocónico, descansa a cruz de cemento. Nunha das súas caras obsérvase un crucifixo de estilo barroquizante, tallado por canteiros pontevedreses.

{MODAL href="/images/stories/cruceiros/foto-cruceiro-lavandeira.jpg"} Molino de Marés {/MODAL}

Cruceiro de Lavandeira

Parroquia: Soaserra (+Santa Eulalia)

Lugar: Lavandeira

Posición: 43º 26’ 13.8’’ N / 008º 06’ 38.4’’ W

Folla IGN: 22

O Cruceiro de Lavandeira, construído en granito e formigón, ten unha plataforma rectangular cun chanzo sobre o que se alza un pedestal ortoédrico; o fuste é de forma octogonal e vólvese cadrado nos extremos. O capitel é unha moldura cadrada e dous toros separados por unha escocia. A cruz, feita de cemento, é posterior ao resto do conxunto.

{MODAL href="/images/stories/cruceiros/foto-cruceiro-areal.jpg"} Molino de Marés {/MODAL}

Cruceiro do Areal

Parroquia: Cabanas

Lugar: Areal

Posición: 43º 14’ 58,78” N / 8º 5’ 56,04” W

Folla IGN: 22

O Cruceiro do Areal, construído en granito, ten a planta octogonal con dous chanzos. Sobre estes descansa un pedestal exagonal. Unha basa cadrada -composta por dous toros e unha escocia- sostén un fuste octogonal que se vuelve cadrado nos extremos. Na cara frontal o fuste presenta unha flor de catro puntas como elemento decorativo. O capitel está formado por un equino e un ábaco e soporta a cruz, na que están representados, nun lado, Cristo crucificado con tres cravos e a cabeza lixeiramente ladeada á dereita; no outro, unha imaxe da Virxe coas mans colocadas para orar e a cabeza ladeada cara á esquerda. En cada un dos extremos da cruz pódese ver unha flor de oito puntas.

pdf download